Microrrelatos alumados coa faísca da intelixencia

Inicio/Actualidade Literaria, Blogs de escritores galegos/Microrrelatos alumados coa faísca da intelixencia

Microrrelatos alumados coa faísca da intelixencia

Antón Riveiro Coello é un dos escritores galegos máis prolíficos e premiados na literatura galega contemporánea. Practicou o relato e a novela (incluso a novela moi longa) pero nunca até agora practicara un xogo literario co seu amplo grupo de lectores e admiradores.

En Á sombra dos bonsais, o autor de Xinzo da Limia propón unha fervenza narrativa, un camiño en cen banzos desde as historias de tres páxinas ao microrrelato máximo dunha soa frase.

Na obra que publica Galaxia non hai máis orde ca a das palabras, de máis a menos. O resto é pura variedade. Personaxes cotiáns e situacións regulares que encontran a faísca da fantasía, da maxia, do inesperado. O escritor tece vidas en poucas liñas con grande economía de medios e un maduro sentido narrativo.

Historias para ler ao pé dunha árbore ou en calquera lugar, aos grolos.

Gustarache se: Tes costume de ler microrrelato, prefires os libros que non piden horas e horas de atención continuada, se es fan da literatura galega actual.

2017-11-08T17:21:29+00:00 08 / 11 / 2017|Actualidade Literaria, Blogs de escritores galegos|

Deixe o seu comentario