Juan Berrio: atopar o extraordinario na rutina

Inicio/Actualidade Literaria/Juan Berrio: atopar o extraordinario na rutina

Juan Berrio: atopar o extraordinario na rutina

Te quiero (Impedimenta), Kiosco (Dib-buks), Miércoles (Sins Entido)… Só son algunhas das novidades de Juan Berrio, un dos autores de libro ilustrado e cómic máis destacados dos últimos tempos.

O estilo de Berrio é maxistral porque consegue a naturalidade. Na arte hai unha máxima: canto máis traballo hai detrás dunha obra máis dá a sensación de ter nacido de repente. Esa aparencia de improvisación só se consegue nunha obra mestra, cando o trazo do ilustrador parece xa saír perfecto no primeiro movemento da man.

A técnica do ilustrador está emparentada co cómic de liña clara mais tamén coa historia do tebeo español e as historietas dos xornais da era dourada do cómic estadounidense.

Os argumentos case sempre inspirados na cotidianidade. Historias tomadas da vida real, días en aparencia normais, persoas cos mesmos medos e alegrías que calquera de nós. Mais de entre esa normalidade, Berrio é quen de facer algo que parece imposible: extraer a maxia, o único e poderoso, o marabilloso de cada situación. E así, a rutina escóndese para deixar libre o extraordinario. Berrio converte cada momento nun intre máxico. Coma un cazador de beleza, encontra o irrepetible en cada sorriso, en cada esperanza, tamén en cada decepción.

Asomarse aos seus libros é recuperar a fe na humanidade, na súa capacidade para vivir máis alá da vida real e soñar.

2018-03-23T10:13:52+00:00 23 / 03 / 2018|Actualidade Literaria|

Deixe o seu comentario