Investigando os átomos do pensamento relixioso

Inicio/Actualidade Literaria/Investigando os átomos do pensamento relixioso

Investigando os átomos do pensamento relixioso

Karen Armstrong é unha investigadora e humanista británica de alto nivel que gañou o Premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociais en recoñecemento a unha carreira académica e divulgativa a favor da difusión e estudo do fenómeno relixioso en toda a súa dimensión.

Considerada a maior especialista neste ámbito en todo o mundo, colabora activamente en proxectos internacionais como a Alianza de Civilizacións, un compromiso por encontrar puntos en común entre diversas crenzas e evitar confrontacións baseadas na percepción da cultura relixiosa diversa entre comunidades.

Armstrong considera que a relixión, malia a percepción que temos en Europa, é un fenómeno en plena fortaleza e pon como exemplo que países con enorme potencial demográfica e económico como a India, os EUA ou o Brasil están entre os países considerados máis relixiosos do mundo.

É isto un atraso?, pregúntase a investigadora. Do seu punto de vista, non. Pasou media vida a descubrir os átomos do pensamento relixioso e as súas conclusións, que se poden rastrexar a través de moitos dos seus libros, poderiámolas resumir en tres aspectos: a relixión acompaña a humanidade, en todas as latitudes, desde a propia toma de consciencia colectiva nos inicios da historia. En segundo lugar, a violencia considerada relixiosa é sempre violencia política. Polo tanto, non existen relixións violentas . E en terceiro lugar, unha porcentaxe moi alta do ADN do fenómeno relixioso monoteísta é idéntico, polo que deberiamos fomentar a identificación entre xudeus, cristiáns e musulmáns, non exarcebar as limitadas diferenzas na análise social.

Aínda que hai moitas obras interesantes da autora, os dous máis interesantes dos que dispoñemos na Aira son Campos de sangre, unha historia sobre a violencia relacionada coa relixión, e Una historia de Dios.

2017-06-22T10:18:20+00:00 22 / 06 / 2017|Actualidade Literaria|

Deixe o seu comentario