Inspirados por Romasanta

Inicio/Actualidade Literaria/Inspirados por Romasanta

Inspirados por Romasanta

Esta obra colectiva naceu logo da experiencia dos seus autores nas Xornadas sobre Romasanta que se celebraron en Allariz no mes de novembro do 2015. Cada ano, a Fundación Vicente Risco recorda a figura dun dos criminais máis desacougantes da historia de Europa. E dese desacougo era visto que tiña que xurdir literatura.

Velaí o traballo de Ramón Caride, que publica o relato “Otsabilko 20.51”. De Andrea Barreira Freije (“O canto da Peeira”). De Xosé Duncan (“A carta do lobo do lume”). De João Madureira (“Demónios sem rabo”) e de Fernando Méndez (“Entrevista ao Sacaúntos na estación das ánimas”).

Relatos ben diferentes entre si pero que transmiten o terror dunha figura que aínda hoxe segue a espertar moitas preguntas e que nutre cun resaibo sórdido a materia literaria destas voces que se quixeron achegar non só á personalidade do asasino Manuel Romasanta senón tamén ao ambiente no que viviu, espazo e tempo, o sacaúntos.

Gustarache se: es fan do relato curto, dalgún dos autores e da liña gótico-fantástica de parte da produción de Urco.

2017-04-21T09:44:58+00:00 21 / 04 / 2017|Actualidade Literaria|

Deixe o seu comentario