Final

A porta pechouse detrás de min. Puiden ver o seu rostro reflexado no espello, o seu sorriso sádico, a terrorífica cara que vivía nos meus pesadelos… eses ollos esquivos, abertos… loucos.

Pechei os ollos. Vin o meu  sangue manchando as baldosas do baño, gotas grosas que baixaban lentamente dende a miña cara ata o chan. Puiden escoitar o seu riso histérico, puiden notar como me empuxaba  contra a parede. Aínda que iso só eran recordos, non? Non-non podía volver a pasar.

Non berrei, ninguén me escoitaría. Non pagaba a pena. O meu corazón latexaba a bruscas sacudidas. Creo que caín de rodillas  contra o chan antes de escoitar a súa trastornada voz na miña orella e sentir como a súa garra pechábase arredor do meu ombreiro. Non lle facía falta usar armas para poñerme fin. Ámbolos sabiámolo. “É a hora” díxome, ao oído “Agora estás morta”.

 

2017-11-19T12:20:33+00:00 19 / 11 / 2017|6º Concurso de Micro-Relato - Xuvenil|

Deixe o seu comentario