Presentación do libro ‘Véndese Sanidade Pública’

Inicio/Xeral/Presentación do libro ‘Véndese Sanidade Pública’
Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

“Todo o que deberías saber sobre a privatización, pero ninguén quere contarche”. Con Juan Antonio Gómez Liébana (Coordinador).

A transparencia deste ensaio reflíctese xa desde o seu título. Aínda que non se colgou semellante cartel en hospitais e centros de saúde, cando se fala de “xestión clínica”, “modernización”, “colaboración público-privada” ou “externalización”, entrevese que a sanidade pública está en venda; pero só aquelas partes rendibles, que poden satisfacer os intereses económicos das empresas do sector. Desde o sistema de citas médicas ata as bolsas de sangue, pasando polos propios datos clínicos ou enfermidades, poden ser un negocio. E vai máis aló, porque co sistema de xestión clínica responsabilízase aos propios profesionais médicos da redución do gasto a cambio de suculentos incentivos, nalgúns casos de ata 40.000 euros anuais. “As consecuencias, dramáticas, son ben perceptibles en materia de incrementos na mortalidade e na presenza de determinadas enfermidades, de desnutrición, de suicidios ou de abandono dos anciáns”, lembra Carlos Taibo no prólogo. Os autores coñecen de primeira man as cifras e estratexias da privatización e a súa repercusión, pero tamén formaron parte das loitas pola saúde. Así, este libro recolle as experiencias daqueles/as profesionais comprometidos/as que buscaron alternativas, tanto no estado español, como en Grecia ou Francia. Van máis aló da defensa dun sistema sanitario universal e de calidade xa que non hai saúde colectiva sen a democratización real do sistema no seu conxunto e, por suposto, sen unha actuación decidida sobre os “produtores de enfermidade”.