IV Poemagosto

Inicio/Xeral/IV Poemagosto
Cargando Eventos

Festival Internacional de Poesía en Allariz.

Poesía, concertos, charlas, actividades infantís, micros abertos, combate poético…

Decidimos dar o salto cara a un festival de poesía de marcado carácter internacional, a través dunha boa mostra de linguas, nas voces dxs poetas convidadxs este ano:

Yolanda Castaño, Antía Otero, Vanessa Glemsel, Irene Fernández, Olga Novo, Xabier Xil Xardón, Antonio Orihuela (Andalucía), David Castillo (Catalunya), Pablo X. Suárez (Asturies), Miren Agur Meabe (Euskadi), Hu Xudong (China), Francesca Cricelli (Brazil – Italia) e Judit Díaz Barneda (tradutora ó catalán do poeta ruso Joseph Brodsky, premio Nobel de Literatura 1987)

Pouco a pouco iremos presentando as diferentes actividades a través da páxina do Facebook do Poemagosto, e incorporándoas nesta descrición.

Polo de agora facemos público o cartel dos concertos do venres 13 e sábado 14, as únicas actividades do festival, como sabedes, que non son de balde, e a mellor maneira que tendes vós de colaborar e axudar ó financiamento do festival.


Aproveitade a oferta para facervos cunha camiseta do Poemagosto, que vai de regalo coa entrada para os dous días de concertos, pero só ata esgotarmos as existencias!
Se só podedes ou queredes acudir a un dos dous concertos, tamén tendes un regaliño…

Entradas: https://airadasletras.gal/tenda/

VENRES 13 OUTUBRO
20:30h – Patio do Museo do Coiro
– Antía Otero e Yolanda Castaño (Poetas)
– Luís Pastor. ¿Qué fue de los cantautores? (Cantautor e poeta)

SÁBADO 14 OUTUBRO
21:00 – Carpa na zona do Festival Internacional de Xardíns (Rúa da Granxa)
– Folkólicos
– A Compañía do Ruído
– Raiba