FESTA DE APERTURA IV POEMAGOSTO – MICRO ABERTO

Inicio/Xeral/FESTA DE APERTURA IV POEMAGOSTO – MICRO ABERTO
Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

FESTA DE APERTURA IV POEMAGOSTO – MICRO ABERTO
Este ano queremos provocar aínda máis o contacto entre poetas e público, así como a participación deste.
Esta será unha das ocasións -e non a única 😉 – para conseguírmolo:
O venres 13 (outubro), a partir das 23:59 (rematado o recital-concerto no Museo do Coiro https://goo.gl/hXsFfJ), celebraremos unha Festa de Apertura do Poemagosto no Café-Bar Cultural Roi Xordo (colaborador desta edición) á que estades todxs -xunto ás e ós poetas participantes no Festival- convidadxs.
Haberá MICRO ABERTO para todo tipo de intervención artística, individual ou colectiva (poesía, música, teatro, performance, danza…), previa inscrición a través de mensaxe privada no Facebook do Poemagosto.
Dependendo da cantidade de anotadxs, estableceremos e anunciaremos,cunha antelación razoable, un tempo máximo e unha orde de participación.
Bulide! Anotádevos, contádello ás vosas amizades, faládeo co voso grupo, preparade o voso espectáculo, os vosos poemas, contos, intervencións… Festaaaa!