Exposición de Pintura de Antonio Soria

Inicio/Exposicións/Exposición de Pintura de Antonio Soria
Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

En palabras do tamén pintor alaricano Xabier Varela:

A obra pictórica de Antonio Soria, creo que como el mesmo, ten orixes diversas, solucións diferentes para un mesmo tema, que en gran medida é a exploración e corporeización do Mito, da Psicoanálise e da Historia da Pintura.

A pintura, como non, sempre é simbólica, pero no caso dos cadros que presenta Antonio, ese simbolismo refórzase a partir dos tres eixes que comentamos anteriormente e que, como nun baile de San Vito de sentido, saltan dun lado a outro sen solución de continuidade, é dicir, sen interrupción entre o literario, o psíquico e a historia.

Isto apréciase claramente na forma que toma a pintura, como palimpsesto, unha capa de pintura borrada, sobre outra e sobre outra e así sucesivamente. E lonxe daquilo que coñecemos como pentimenti, que vén traducirse como arrepentimiento, as capas de pintura entrelázanse nos restos que deixa, conformando un relato visual que procede deses mesmos sedimentos, e que configura a forma da seguinte capa.

Poucas liñas para explicar moitas cousas; mellor velo.

Esperámosvos.