Curso ANIMACIÓN 3D (Novo prazo de inscrición)

Inicio/Xeral/Curso ANIMACIÓN 3D (Novo prazo de inscrición)
Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Ábrese un novo prazo para apuntarse ao Curso ANIMACIÓN 3D (Introdución ao Desenvolvemento de Películas de Debuxos Animados) . Dirixido a aquelas persoas que desexen introducirse no mundo da animación xerada por ordenador, os seus contidos darannos una visión de conxunto do software 3D e da Produción de Debuxos Animados e un coñecemento en profundidade das ferramentas de traballo e o ámbito no que se desenvolven cinematograficamente.

Impartirase una clase semanal de 3 horas e media de duración, en venres
pola tarde ou sábado pola mañá. A formación compleméntase cunha clase por video-conferencia semanal durante a cal se resolverán dúbidas sobre exercicios prácticos e farase un seguimento dos proxectos persoais que alumnos e alumnas estean a desenvolver durante o curso. As clases estarán compostas de contidos teóricos e prácticos.

Para máis información podedes contactar en animacion3d@allariz.com