Concerto de Indomable

Inicio/Xeral/Concerto de Indomable
Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

O único, pero imperdible, concerto que teremos na Corte dos Bois neste mes de setembro será o de INDOMABLE. Sábado 16 de setembro ás 22h30.
❛Incondicional e imperfecto❜ dá título ó seu álbum debut, en acústico e como solista indivisible. Temas persoais, íntimos, sen grandes artificios nin maquillaxe e con letras directas de alto contido histórico e nostálxico. El chámao “As cancións do sofá” porque é xustamente de onde veñen (posiblemente tamén cara onde van), formando parte dun sobrio traballo forxado en viaxes con guitarras vellas, empeños e noites a soas. Unha ensalada aliñada con tintes folk, rock e pop.