Sorteo guitarra eléctrica Sabrafén

Inicio/CONCURSOS/Sorteo guitarra eléctrica Sabrafén
Sorteo guitarra eléctrica Sabrafén 2018-01-10T08:57:05+00:00

Un sorteo moi especial: A libraría Aira das Letras, en colaboración co luthier Carlos Sabrafén, está embarcada nun proxecto moi lindo: o deseño e fabricación dunha guitarra eléctrica moi, moi especial, que verá a luz pronto e da que vos iremos desvelando segredos devagariño.

Unha guitarra eléctrica valorada en 3000€ que sortearemos entre todas as compras iguais ou superiores a 40€ realizadas na libraría Aira das Letras entre o 1 de decembro de 2017 e o 17 de maio de 2018, día das Letras Galegas.

  • Para participar no sorteo é imprescindible ser amig@ da libraría. Se non se é xa, deberá inscribirse como amig@ no momento de realizar a compra.
  • A gañadora ou gañador do sorteo deberá ser amig@ da libraría tanto no momento da compra (ver punto anterior) como no momento do sorteo.
  • Considerarase como unha participación diferenciada cada unha das compras iguais ou superiores a 40€.

Carlos Sabrafén é luthier de guitarras, baixos e outros instrumentos dende 1983, e é coñecido, entre outras cousas, por fabricar ou reparar guitarras para recoñecidos músicos como Iñaki ‘Uoho’ Antón (Extremoduro, Platero y tú…), Javier Vargas ou Yosi (Los Suaves). Actualmente traballa no seu taller en Allariz.
Aquí podedes ler unha entrevista publicada en La Voz de Galicia en xullo de 2017