Publicacións

Publicacións 2017-03-15T08:48:04+00:00

Terra Chá

10 / 05 / 2016|0 Comments

A Terra Chá somentes é: un povo aquí, outro acolá mil arbres, monte raso, un ceo chumbo e tráxico no que andan as aves a voar. O resto é soedá.

A fala

09 / 05 / 2016|0 Comments

O idioma é a chave coa que abrimos o mundo: o salouco máis feble, o pesar máis profundo.   O idioma é a vida, o coitelo da dor, o murmurio do vento, a palabra de [...]

Poema á muller galega

06 / 05 / 2016|0 Comments

1 É criminal, no tempo que corremos, comparar a muller a mais a flor cando as mulleres de Galicia teñen que emigrar pra Francia, Suíza i Alemania como antes emigraban pra Cuba, Arxentina e Venezuela. [...]

A estrela sen nome

05 / 05 / 2016|0 Comments

Eu sei dunha estrela perdida nos ceos, irmá dos meus soños e dos meus anceos. A estrela rebrilla cando miro pra ela cos ollos abertos e ollada sinxela. Eu sei que esa estrela perdida na [...]

Verbas a un irmau

05 / 05 / 2016|0 Comments

¿Que importa, irmau, que morra o día si a súa morte abre en nós a espranza do mencer? Non temas. Aínda o paxaro ten canciós i as estrelas se alcenden cada noite. (Manuel María, Mar [...]

A fala

05 / 05 / 2016|0 Comments

Desfrutemos ao mesmo son, do poema lido, e do poema musicado por Roi Casal aquí. (...) O idioma é o tempo, é a voz dos avós é ese breve ronsel que deixaremos nós.   O [...]

Tenrura

05 / 05 / 2016|0 Comments

Pouco importa que a ave da esperanza ou a chispa amarela do desexo crucen por nós como un salouco para converterse en néboa ou sombra esvaída na lembranza.O que de verdade importa,amada e irrenunciábel compañeira,é [...]

Galiza

05 / 05 / 2016|0 Comments

Galiza somos nós: A xente e mais a fala ¡Sí buscas a Galiza En ti tes que atopala!

Entrega

04 / 05 / 2016|0 Comments

Andei a esculcar, ano tras ano, con atento e delicado ouvido, a voz de cada ser ou cada cousa: o centilante sorriso do orballo, a sinfonía do día baixo a luz, a palabra sacramental dos [...]

Manuel María, Escolma de poetas de Outeiro de Rei

04 / 05 / 2016|0 Comments

O noso idioma é a luz que ilumina o noso ser. Renunciar á nosa lingua é semellante a morrer! (Manuel María, Escolma de poetas de Outeiro de Rei)

Rosas

03 / 05 / 2016|0 Comments

Sempre rosa. Sempre: a forma, a cor, o recendo, a luz, a perfección da rosa. Prefiro a rosa vermella. E amo a rosa branca porque, cando lle digo simplemente rosa, entorna os ollos, trema e [...]

Rosas

03 / 05 / 2016|0 Comments

SEMPRE a rosa. Sempre: a forma, a cor, o recendo, a luz, a perfección da rosa. Prefiro a rosa vermella. E amo a rosa branca porque, cando lle digo simplementes: ROSA, entrecerra os ollos, treme [...]

Canción pra agardar un novo día

02 / 05 / 2016|0 Comments

Non podemos durmir, anque é de noite, porque temos que chamar polos irmaus, anque a sombra i o vento nos escoite, anque nos aten esprito, pés e maus. Anque o noso carro parta polo eixe [...]

Os meus versos favoritos Manuel María.

02 / 05 / 2016|0 Comments

Renunciar ao idioma é ser mudo e morrer. ¡Precisamos a lingua se queremos vencer!   Manuel María.  

Noite

30 / 04 / 2016|0 Comments

A terra colle medo cando a noite ven. A lúa dálle luz, outra cousa non ten. Ainda que a terra chore non o sabe ninguén!

O poema

28 / 04 / 2016|0 Comments

Un poema é un ser vivo que anda, respira, soña, chora, salouca, ama, berra, cintila, escurece, cala, aborrece a mentira, sente odio e tenrura, desángrase, fala de intimidade a intimidade coas cousas e coa xente, [...]

O meu primeiro libro de poesía en galego

28 / 04 / 2016|0 Comments

Cando eu era nena, os meus pais regaláronme un libriño pequeneiro. Chamábase "As rúas do vento ceibe". As súas ilustracións en tons laranxa e rosa chamaban a atención. A da portada sempre me pareceu unha [...]

Galiza

28 / 04 / 2016|0 Comments

Galiza docemente está ollando o mar: ten vales e montañas e terras pra labrar!   Ten portos, mariñeiros, cidades e labregos cargados de traballo, cargados de trafegos!   Galiza é unha nai velliña, soñadora: na [...]

A FALA

27 / 04 / 2016|0 Comments

O idioma é o amor, o latexo, a verdade, a fonte da que agroma a máis forte irmandade. Renunciar ao idioma é ser mudo e morrer. ¡Precisamos a lingua se queremos vencer!

O SOL Manuel María

21 / 04 / 2016|0 Comments

O sol chámase Lourenzo, é un señor Moi sinalado, se Non fose polo sol, estaría o mundo Xeado.

Cara a ti (Manuel María , Muiñeiro de brétemas)

20 / 04 / 2016|0 Comments

Vou a ti decote cada día co ollar enmallado nunha nao que o vento desfiaña pouco a pouco na espuma dorida do teu peito. E brillas nesa espuma sedenta dunha luz tremelucente que escintila nunha [...]