Bases 7º Concurso Microrrelato 2018 Aira das Letras

Inicio/CONCURSOS/Bases 7º Concurso Microrrelato 2018 Aira das Letras
Bases 7º Concurso Microrrelato 2018 Aira das Letras 2018-10-19T10:34:58+00:00

1. Haberá dúas categorías: A adulta, aberta ao público maior de idade, e a categoría xuvenil, aberta a menores de 18 anos.

2. O ámbito temático deste ano para ambas categorías será O DÍA DE DEFUNTOS SAMAÍN

3. En ambas categorías, o relato terá, como máximo, 150 palabras en galego. Deberá contar con título, indicación de se participa na categoría adulta ou xuvenil e texto. O límite das 150 palabras é só para o texto do relato, non para os demais elementos.

4. Prazos:

Ata o día 10 de decembro do 2018 poderedes colgar os micro-relatos. Para iso tedes que rexistrarvos na páxina web. Se xa vos rexistrastes con anterioridade, ese rexistro segue sendo válido, podedes empregalo.

Dende o 10 ata o 21 de decembro do 2018 estará aberto o prazo de votación. Haberá dous premios por cada categoría:

Premio do público. A xente poderá votar os relatos na páxina web.

Premio do xurado. O ditame do xurado publicarase o día 21 de decembro do 2018.

Os premios entregaranse durante unha merenda literaria o 28 de decembro do 2018.

5.1 Premios Categoría adulta:

Premio do público.

Cesta con produtos de Allariz.

Lote de libros.

Premio do xurado.

Figura do “Guerreiro de Armea”.

Cesta de produtos de Allariz.

Lote de libros.

5.2 Premios Categoría xuvenil:

Premio do público

Mochila con libros e produtos de Punto e Coma

Premio do xurado

Mochila con libros e produtos de Punto e Coma

6. Só se permitirá un relato inédito por persoa. O autor cede o relato para que Aira das letras poida incorporalo nos seus marcapáxinas ou postais e para unha publicación solidaria. Os beneficios de dita publicación, de facerse, destinaranse a unha asociación sen ánimo de lucro. Aira das letras comprométese a que apareza o nome do autor/a.

7. En ambas categorías, no caso de que o gañador do público e do xurado coincidan só se dará un premio (o do xurado).

8. Se nestas bases quedase algunha cuestión sen precisar, corresponderalle ao xurado establecer dita cuestión e, se non o fixese, á organización do certame.

9. A participación neste concurso implica o coñecemento e aceptación íntegra destas bases.