Bases do Concurso Microrrelato 2017 “Aira Das Letras”

Inicio/CONCURSOS/6º Concurso de Micro-Relato Fantástico/Bases do Concurso Microrrelato 2017 “Aira Das Letras”
Bases do Concurso Microrrelato 2017 “Aira Das Letras” 2017-11-21T07:52:35+00:00

1. Haberá dúas categorías: A adulta, aberta ao público maior de idade. E a categoría xuvenil, aberta a menores de 18 anos.

2. O ámbito temático deste ano para ambas categorías será O MEDO.

3. En ambas categorías, relato terá, como máximo, 150 palabras en galego. Deberá contar con título, indicación de se participa na categoría adulta ou xuvenil e texto. O límite das 150 palabras é só para o texto do relato, non para os demais elementos.

4. Prazos:

Ata o día 20 de novembro do 2017 poderedes colgar os micro-relatos. Para iso tedes que rexistrarvos na páxina web. Se xa vos rexistrastes con anterioridade, ese rexistro segue sendo válido, podedes empregalo.

Do 20 ata o 29 de novembro do 2017  estará aberto o prazo de votación. Haberá dous premios por cada categoría:

Premio do público. A xente poderá votar os relatos na páxina web.

Premio do xurado. O ditame do xurado publicarase o día 29 de novembro do 2017.

Os premios entregaranse durante unha merenda literaria o 30 de novembro do 2017.

5. Premios Categoría adulta:

Premio do público.

Cesta con produtos de Allariz.

Lote de libros.

Premio do xurado.

Figura do “Guerreiro de Armea”.

Cesta de produtos de Allariz.

Lote de libros.

Premios Categoría xuvenil:

Premio do público

Mochila con libros e produtos de Punto e Coma

Premio do xurado

Mochila con libros e produtos de Punto e Coma

 6. Só se permitirá un relato inédito por persoa. O autor cede o relato para que Aira das letras poida incorporalo nos seus marcapáxinas ou postais e para unha publicación solidaria. Os beneficios de dita publicación, de facerse, destinaranse a unha asociación sen ánimo de lucro. Aira das letras comprométese a que apareza o nome do autor/a.

7. En ambas categorías, no caso de que o gañador do público e do xurado coincidan só se dará un premio (o do xurado).

8. Se nestas bases quedase algunha cuestión sen precisar, corresponderalle ao xurado establecer dita cuestión e, se non o fixese, á organización do certame.

9. A participación neste concurso implica o coñecemento e aceptación íntegra destas bases.

ADDENDA:

Nesta edición tivemos algúns problemas técnicos que dificultaron a participación en prazo. Co fin de emendalo, ampliamos todos os prazos.

O prazo de entrega amplíase até o 3 de decembro do 2017.

O prazo das votacións irá do 4 de decembro ao 22 de decembro do 2017.

Os premios entregaranse o 26 de decembro do 2017, no decurso da Festa de Presentación da editorial Aira.