Bases 2017-03-15T08:48:03+00:00

1.- O relato terá, como máximo, 170 palabras en galego. Deberá contar con título (exento do límite de palabras) e texto.

2.- Temática Fantástica“Os misterios da Lagoa da Antela”.

3.- Prazos:

  • A partir do día 10 de setembro do 2016 poderedes colgar os micro-relatos. Para iso tedes que rexistrarvos na páxina web.

Se xa vos rexistrastes con anterioridade, ese rexistro segue sendo válido, podedes empregalo.

Se non lembrades os datos do voso rexistro (usuario e contrasinal), podedes recuperalos aquí.

Para obter información sobre como publicar, visitade Como publicar?

  • Do 1 ao 20 de outubro do 2016 estará aberto o prazo de votación. Haberá dous premios:
    • Premio do público. A xente poderá votar os relatos na páxina web.
    • Premio do xurado.
  • O ditame do xurado efectuarase antes do 1 de novembro do 2016. O premio entregarase durante as “Xornadas Romasanta” organizadas pola Fundación Vicente Risco.

4.- Premios:

Premio do público.

  • Cesta con produtos de Allariz.
  • Lote de libros.

Premio do xurado.

  • Figura do “Guerreiro de Armeá”.
  • Cesta de produtos de Allariz.
  • Lote de libros.

5.- Só se permitirá un relato inédito por persoa. O autor cede o relato para que Aira das letras poida incorporalo nos seus marcapáxinas ou postais e para unha publicación solidaria. Os beneficios de dita publicación, de facerse, destinaranse a unha asociación sen ánimo de lucro. Aira das letras comprométese a que apareza o nome do autor/a.

6.- No caso de que o gañador do público e do xurado coincidan só se dará un premio (o do xurado).

7.- Se nestas bases quedase algunha cuestión sen precisar, corresponderalle ao xurado establecer dita cuestión e, se non o fixese, á organización do certame. A participación neste concurso implica o coñecemento e aceptación íntegra destas bases.