Micro-Relatos Publicados

Micro-Relatos Publicados 2017-03-15T08:48:04+00:00

As bágoas de Santa Mariña

30 / 09 / 2015|1 Comment

Aínda hoxe recordamos a Santa Mariña de Augas Santas, en cada pinga das súas fontes, polas que saen as bágoas que non se derramaron, polas inxustizas alí cometidas.  

OS MANANCIAIS DA VIDA

30 / 09 / 2015|4 Comments

Amenceu. Doíalle todo o corpo pero xa non choraba. Xosé pegáralle outra vez. Decidiu saír a pasear. Ó pasar por un manancial estremeceuse ó ver una figura dunha muller que lle falaba. Díxolle: "Son Santa [...]

Declaración.

30 / 09 / 2015|0 Comments

Que fermosa peiteándose na fonte. O ouro do peite fundíndose no seu cabelo rubio, que cae enchoupado sobre o seu corpo espido. Que fermosa. Namorei dela; e díxenllo. Mentres tecía. Mentres lavaba. Abofé que llo [...]

Nova vida

24 / 09 / 2015|0 Comments

Non, non se arrepentía de nada. Como na vella canción. Deuses, como botaba de menos escoitar música!. É dicir, cando escoitar música era tan sinxelo como buscar unha canción e darlle ao play. Desde que comezaran [...]

o tesouro de Armea

23 / 09 / 2015|0 Comments

Deixei a bici apoiada nun dos grosos muros do inacabado templo. Baixei con moito tento as estreitas escaleiras cegado aínda polo intenso sol do mediodía. Mentres os ollos se ían adaptando á penumbra, o primeiro [...]

HIDROMAFIA

23 / 09 / 2015|0 Comments

Non tiña a sensación de ir camiñando, senón de arrastrarse torturado polo cimbrar sibilante dunha xostra. Os seus pés descalzos ían levantado po, aló por onde pisaban. Seus queixumes esparexíanse sen eco alén das terras [...]

Dentro de min

16 / 09 / 2015|1 Comment

A luz póusase sobre min cando pecho as pálpebras e o aire da miña habitación sabe a esperanza. Os meus dedos retórcense con forza e miles de follas secas caen de vagar sobre a miña [...]

Todo o preto que che diga o teu corazón

15 / 09 / 2015|0 Comments

- ¿E dis que podo ir río arriba e, a través dunhas galerías de augas subterráneas, chegar aló? - Non se sabe de ningúen que chegara... pero todos sabemos que é así, meu. - ¿E [...]

ELA

12 / 09 / 2015|0 Comments

09/2015. Primeiro día de colexio. Mochila chea de ilusións, retos, medos e ELA, esa botella de auga que a miña nai aconséllame que non perda e que a cada pouco déalle un traguiño. Creo que [...]

Sombras no corredor

12 / 09 / 2015|0 Comments

Ao atravesar o limiar da porta o frío envolveuna por completo. A oscuridade do corredor era casi impenetrable, percibíndose só pequenos e febles brillos pratinados da lonxana lúa. Avanzou silandeiramente, aínda somnolenta, cara a inmensidade [...]