Cervantes na cadea

Inicio/Actualidade Literaria/Cervantes na cadea

Cervantes na cadea

Ensaio literario e histórico sobre o tempo no que Miguel de Cervantes permaneceu preso dos berberiscos en Alxer tras ser capturado a bordo dun buque no Mediterráneo, Miguel de Cervantes: los años de Argel, de Isabel Soler, que publica Acantilado é un libro que paga a pena para profundar no universo do escritor manchego. Soler é, ademais, unha das grandes especialistas mundiais en relatos de viaxes e aventuras reais na Idade Moderna. Neste caso, achégase á figura do autor do Quixote a través do texto composto no século XVII polo portugués António de Sosa, no que explica como daquela se organizaban os rescates económicos de presos da fidalguía e da nobreza que quedaran en poder dos piratas. Alxer e a dura experiencia dos alxubes foi un dos temas tratados na obra cervantina. Na máis famosa Os baños de Alxer mais tamén nas súas obras máis famosas, Os traballos de Persiles e Segismunda e o propio Don Quijote de la Mancha.
Ideal para: interesados en Cervantes. Apaixonados pola historia, especialmente a de naufraxios e cativerios.

2017-05-11T10:56:49+00:00 11 / 05 / 2017|Actualidade Literaria|

Deixe o seu comentario