Cara a ti (Manuel María , Muiñeiro de brétemas)

Inicio/2016 Concurso Día das Letras Galegas/Cara a ti (Manuel María , Muiñeiro de brétemas)

Cara a ti (Manuel María , Muiñeiro de brétemas)

Vou a ti decote cada día
co ollar enmallado nunha nao
que o vento desfiaña pouco a pouco
na espuma dorida do teu peito.
E brillas nesa espuma
sedenta dunha luz tremelucente
que escintila nunha bágoa xa ferida
na manteliña prateada dunha estrela.
Vou a ti, sedento de saloucos
e de brétemas,
depenicando alalás entre a follaxe
acesa por folerpas que fuxían
no afiado coitelo do sorriso.
(Non debullo lonxanías polo ermo
nin o vento morno me desvía).
Vou a ti deixando nun luceiro
unha vella ronseira que se afoga
nun estraño fío prateado
que garda un chirlo amorosiño.
Ollo fuxir cara o nordés un pensamento
que vai só para ti, para que che diga
a mensaxe calada dun retorno.
2016-04-20T13:26:33+00:00 20 / 04 / 2016|2016 Concurso Día das Letras Galegas|

Deixe o seu comentario