Borobó e a literatura francesa

Inicio/Blogs/BiosBardia/Borobó e a literatura francesa

Borobó e a literatura francesa

DIARIO DE LECTURAS

Borobó.

Xesús González Gómez.

22 de abril. –Dende hai mais de mes e medio, como homenaxe ao 80 cabodano do seu pasamento (4 de marzo de 1948), deume por visitar, mellor dito, revisitar, algún dos libros de Antonin Artaud: un autor ao que un sempre volve. Non a todo Artaud, mais si á maioría dos seus textos. Mais, que se pode hoxe dicir sobre Artaud: está todo dito? Nunca se di todo de nada nin de ninguén, pero hai moita cousa moi boa (e demasiada moi mala) sobre no autor d’ O teatro e o seu dobre como para intentar ser orixinal. Á par que certos textos de Artaud, leo o libro de María del Carmen Molina Barea, publicado pola Editorial Universidad de Córdoba, El surrealismo desde la filosofía de Deleuze y Guattari: un libro interesante, discutíbel e con algunhas lagoas imperdoábeis, xa que a autora non cita en ningún momento o surrealista romanés, logo francés, xa que a maior parte da súa obra está escrita neste idioma, Ghérasim Luca: curiosamente un poeta loado polo dueto Deleuze/Guattari en O Anti-Edipo. O libro de Molina Barea fala moito de Artaud e, talvez, algo menos de surrealismo, aínda que reivindica este movemento até o final, cousa que sempre é de agradecer, a pesar de como, digo, caia en erros, esqueza nomes, non ande moi forte en bibliografía do surrealismo… e reviva a famosa lenda de André Breton como «Papa negro». O de papa aplicado a Breton é, como dixo no seu día Octavio Paz, unha expresión inventada polos «porcos».

Mais se non falaremos da obra de Artaud, gustariamos de converter estas liñas de homenaxe a Artaud nunha homenaxe a Raimundo García Dominguez, Borobó, de quen no próximo agosto se conmemora o 15 cabodano do seu pasamento. Porque hai un, tenue, fío que une a Artaud con Borobó. Ou a Borobó con Artaud.

Cando morreu Antonin Artaud, nin La Vanguardia, de Barcelona, nin o ABC, de Madrid, nin, que saibamos nós, ningunha revista e/ou xornal español deu a noticia: quen podía saber naquela España franquista, na que todo o país era un cárcere dobrado de cemiterio, quen era Artaud? E quen podía sabelo, talvez prefería calar para non chamar a atención. Mais si houbo alguén que falou: no número 15 da revista catalá Ariel, correspondente a febreiro de 1948, nas p. 9-10 aparece un artigo titulado “Antonin Artaud, o la invitació a la follia” (Antonin Artaud, ou a invitación á loucura), que asinaba L’Alquimista, pseudónimo baixo o que se agochaba (sic) o escritor Josep Palau i Fabre, que naquel momento vivía en París e coñecera a Artaud, a quen trataba. Anos despois, 1976, Palau i Fabre publicaría Antonin Artaud. La revolta del teatro modern (Edicions 62/ Publicacions de l’Institut del Teatre). Mais o artigo saíra poucos días antes da morte de Artaud: cando o seu pasamento, esta revista, nin ningunha outra española ou catalá, que non saibamos, repetimos, deu a noticia, como non a deu ningún xornal dos que se publicaban daquela no Estado Español: pasarían anos antes de que o nome de Artaud aparecese na prensa e nas revistas culturais españolas.

Mais en realidade estou a despistar o lector: non pasarían anos, senón algúns meses. O 28 de agosto de 1945 (sábado), na terceira páxina de La Noche. «Único diario de la tarde en Galicia», aparece o seguinte «artigo», que non traducimos:

Un marsellés “esaborío”

El penúltimo poeta maldito

»El penúltimo poeta maldito –sobre el último publicamos hace poco una nota [trátase do artigo “Pompas Fúnebres, el último libro del último poeta maldito”, publicado dúas semanas antes, o 14 de agosto: fala do último libro publicado por Jean Genet: podemos afirmar, case sen medo a nos equivocar, que era a primeira vez que nun xornal español se falaba do autor de As criadas: a outra referencia que atopamos antes de 1950 nunha publicación española, foi en Nuestra Bandera, revista teórica do Partido Comunista de España, impresa daquela en París: a referencia é tamén en 1948]– murió en la primavera pasada. Se llamaba Antonin Artaud y estaba algo loco, naturalmente. Pero con una locura que había adquirido un carácter lo suficientemente oficial para que el poeta ocupase, en una casa de salud de los alrededores de París, una espaciosa habitación casi totalmente vacía, porque hay que decir que Artaud solía consagrar sus ratos de ocio a romper los muebles.

»Nacido en Marsella, Antonin Artaud desmintió siempre la opinión muy generalizada que atribuye a los locos un carácter alegre y una propensión a la broma que los sitúa, en el mapa del temperamento francés, de una manera análoga a los sevillanos de España. Por el contrario, fue siempre una especie de profeta lúgubre y su primer libro –que obtuvo el premio Sainte-Beuve– “Van Gogh o el Suicidio (sic) de la sociedad”, estaba muy lejos de ser precisamente una recopilación de historietas divertidas.

»En los últimos tiempos, Artaud mantenía una correspondencia asidua con las figuras del arte y las letras, franceses tan conocidos como Paul Éluard, André Gide, Jean-Louis Barrault y Tristán (sic) Tzara. El Padre dominico, Laval, le ha testimoniado también su simpatía en varias ocasiones. Y para que el poeta no pasara apuros de dinero, sus amigos le organizaron una fiesta en el Teatro Sarah Bernhardt, durante la cual un cuadro de Picasso y un manuscrito de Gide fueron vendidos en más de un millón de francos.

»Los admiradores de Artaud afirman que sus mejores libros son “El ombligo de los limbos” y “Artaud el Momo”. Y lamentan que no se hayan podido llevar todavía a la práctica las curiosas concepciones teatrales expresadas en “El teatro y su doble”, de manera que pudiese asistir al espectáculo “paseándose, acostado boca abajo o encaramado en una lámpara de la sala”».

Esquezamos a cantidade de erros factuais que enche a notiña, e non digamos as «opinións» sobre as teorías teatrais de Artaud: non teñen importancia ningunha. A importancia está en que un xornalista de «provincias», xornalista que estou seguro de que era Borobó, soubo ver a importancia que tiña, dunha maneira ou outra, a desaparición de Artaud. O que non podemos saber é de onde tirou a noticia. Como tampouco sabemos de onde tirou a da aparición de Pompas fúnebres, de Genet. Como non sabemos de onde tirou esta outra que comenta na súa sección «Atlas en el Toral», e que aparecería o 29 de outubro de 1947:

ATLAS EN EL TORAL

El caso de Paul Nizan

«El novelista Paul Nizan fue miembro del partido comunista y uno de los redactores del diario Ce Soir. Cuando en agosto de 1939 se produjo el pacto Ribbentrop-Molotov, Nizan, indignado, abandonó, junto con Malraux, las filas del partido comunista. Algunos meses más tarde, el día 23 de mayo de 1940, Nizan, cumpliendo su deber con la patria, murió en el frente en la batalla de Santo Omer. Terminada la guerra, la propaganda comunista acusó a Nizan (una parte destacada en esa indigna tarea la tomó el conocido poeta Luis Aragón –sic e resic–) de ser un simple agente de la Policía encargado de organizar provocaciones en el Partido. Otro escritor comunista, Lefevre (sic), repitió abiertamente estas acusaciones en su libro sobre el existencialismo. Unos ventitantos escritores franceses –entre ellos Benda, Breton, Camus, Mauriac, Sartre, Schlumberger, Soupault– publicaron en Combat una carta abieta exigiendo que Lefevre (sic) y Aragón rectificaran su acusación o dieran a conocimiento público los hechos concretos.

»La Prensa comunista reaccionó en seguida, acusando a su vez a los escritores que firmaron la carta de organizar una campaña “antidemocrática”, pasándose así a las filas de “la más negra conjuración fascista”. Guy Leclerd (sic) declaró en L’Humanité que no es necesario demostrar la culpabilidad de Nizan mediante hechos, ya que su abandono del Partido habla por sí mismo.

****

»”Paul Nizan abandonó el partido comunista con gran ostentación, armando mucho ruido alrededor de ese acto de traición. Lo hizo de manera igual que Gitton y Capron, que eran agentes de la policía secreta… Traicionando a su partido traicionó a la vez a Francia…»

[…]

Digamos que Lefevre é o filósofo Henri Lefebvre (1901-1991), que a tiña tomada co pobre Nizan: nun libro tan tardío como Le temps des méprises (1975), do que existe versión española: Tiempos equívocos. Testimonio autobiográfico, Barcelona, Editorial Kairós, 1977, continúa a mallar no lector coa idea de que Nizan era un confidente da policía, cando xa estaba máis que demostrado que non; e cando desde a revista teórica do PCF, La Nouvelle Critique se reivindicaba a figura e a literatura de Nizan. Claro que Lefebvre abandonara o partido en 1959, partido ao que volveu a finais da súa vida, como aqueles ateos que ao final da súa vida volven aos brazos da igrexa por medo a perderen o paraíso. Do que di Leclerc, mellor non comentar. Aínda, infelizmente, son moitos os partidos políticos que se denominan de esquerdas que coidan que se non estás con eles es un traidor a todo: á patria, á nai, ao pai, aos avós, ás raíces… A todo o que vostedes gusten, ou lles desguste. Gitton e Capron foron dous comunistas (deputados) que romperon co partido a raíz do pacto xermano-soviético e fundaron o Partido Obreiro e Campesiño francés, que apoiou ao Mariscal Pétain e estivo a favor da colaboración cos nazis; ou sexa, nada a ver con Nizan. E para acabarmos, quen en realidade traizoou a Francia en 1940 non foi Nizan, senón o Partido comunista francés que, seguindo as consignas da Internacional comunista, declaraba que a loita entre Inglaterra e Francia contra a Alemaña nazi era unha guerra imperialista: os imperialistas eran os ingleses e os franceses.

A verdade é que non sei de onde puido tirar estas informacións Raimundo García Domínguez. Os xornais franceses non chegaban daquela a España, menos as revistas políticas ou culturais: chegaban ao Instituto francés da Coruña, se existía daquela, que non o sei? Por outra parte, as informacións semellan tiradas, sobre todo a dedicada a Nizan, de Les temps modernes, que dedicou ao caso Nizan un dossier no seu número de, precisamente, xullo de 1947: Nizan e Sartre foran compañeiros de estudos e amigos íntimos: mais introducir na España de 1947 unha revista como Les temps modernes era xogarse a liberdade física, a non ser que se fose xerarca do réxime. Fose de onde for que as tirase (do xornal Combat, daquela o xornal da esquerda non comunista?, mais tamén intentar pasar este xornal era «perigoso»), demostrou que era un gran xornalista. E tamén demostra que para estar à la page política e culturalmente non fai falta mirar cara ao centro da península, como é a característica actual da prensa galega: a prensa galega sempre foi boa cando deixou de mirar cara a ese punto xeográfico (véxanse, sen ir máis lonxe, as páxinas de cultura de Faro de Vigo cando eran dirixidas por Cunqueiro: fala e traduce autores que eran descoñecidos en España: Celan, Tsvetaieva, M. Karleja, E. Lindregen, B. Breytenbach e moitos outros), e só recuperará a súa calidade e un papel central na sociedade cando se esqueza del, esquecemento, por outra parte, hoxe por hoxe case que imposíbel.

Borobó demostrou, con exemplos, que era un gran xornalista, non só cos seus artigos, sempre moi ben informados e que entregaban moita información (véxanse O libro dos exemplos, Edicións A Nosa Terra, e O novelo dos anacos e outros exemplos, Universidade de Santiago), senón coa dirección –efectiva– dun xornal ao que converteu no mellor xornal galego até case mediados dos 1960, cando deixou a súa dirección. Lembrémolo este ano, e leamos os seus libros de artigos, que nos introducirán unha vez máis naquilo que se está a perder: a memoria histórica.


Source: BIOSBARDIA

2018-06-13T02:03:38+00:00 13 / 06 / 2018|BiosBardia|