Boletín 29/09/2015

Inicio/Boletíns/Boletín 29/09/2015

Boletín 29/09/2015

Concerto de SÉS

O concerto de Sés porá o colofón ao II Poemagosto – Festival da poesía en Allariz, que se celebra nesta vila o domingo 11 de outubro entre as 11 e as 19 horas no casco antigo da vila e inmediacións.

O concerto terá lugar no terreo contiguo ás instalacións do Festival Internacional de Xardíns.

O prezo da entrada é de 9€ ata o día 4 de outubro, mercándoas por Internet –http://airadasletras.gal/tenda/entradas-concertos/35-entradas-concerto-ses.html-, e de 11€ a partir do día 5 de outubro e ata o día do concerto, tanto en Internet como na Libraría Aira das Letras (Emilia Pardo Bazán, 5 baixo, Allariz, Ourense).

O importe íntegro da entrada doarase a Fundación Vicente Risco, organizadora do evento.

Obradoiro Artístico: Paixases Habitadas

Estamos a organizar un grupo de nen@s, moz@s, nais e pais para desenvolver talleres que favorezan o pensamento creativo. En Ourense este experimento o temos arroupado coa creación dunha unha cooperativa de papás e mamás de xeito que nos permita acceder a subvencións e ao uso de espazos públicos cubertos, coa forma de asociación sen ánimo de lucro de nome colectivo re.creo, que da a idea que temos das actividades que nos gustaría facer: xogar e crear.

Máis información en: http://airadasletras.gal/pec-events/obradoiro-artistico-paisaxes-habitadas/?event_date=1443571200

2017-03-15T08:50:41+00:00 29 / 09 / 2015|Boletíns|