Boletín 21/04/2016

Inicio/Boletíns/Boletín 21/04/2016

Boletín 21/04/2016

Ola amig@s. Con motivo da celebración do “Día do Libro” o próximo sábado 23 de abril, na Aira das Letras os libros terán un 10% de desconto e o agasallo dunha flor.

Este sábado 23, tamén teremos un posto de libros na Arca da Noe, un día no que a Arca estará chea de actividades.
Destacar a presentación de:
  • Historia de Galicia (David Pérez López)
  • Nena e o mar (Érica Esmorís): Premio Merlín 2015
Podedes consular tódalas actividades na axenda da Aira das Letras: http://airadasletras.gal/

-CONCURSO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Por último, comentarvos que esta semana abrimos un novo concurso. Con motivo do Día das Letras Galegas, Aira das Letras organiza un sorteo entre todas aquelas persoas que publiquen os seus versos favoritos de Manuel María, a quen se lle adica o día neste ano 2016.Aquí podes ver tódalas publicacións: ver publicacións

Para participar deberedes rexistrarvos na páxina web da Aira das Letras (http://airadasletras.gal/) se non o estades xa, e publicar os vosos versos favoritos.

Para publicar, podes consular os pasos que hai que realizar na seguinte ligazón Como Publicar

2017-03-15T08:50:29+00:00 21 / 04 / 2016|Boletíns|

Deixe o seu comentario