Boletín 11/03/2016

Inicio/Boletíns/Boletín 11/03/2016

Boletín 11/03/2016

Ola amig@s. Queremos informarvos dos tan interesantes eventos que terán lugar este fin de semana en Allariz.

Entrega do I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica
Sábado 12 de marzo ás 12h00
Fundación Vicente Risco

III Edición do “Ponme un poema! – Roteiro poético pola Vila de Allariz”.

Sábado 12 de marzo ás 20h30

O sábado 12 de marzo celebraremos o Día Internacional da Poesía -si, xa sabemos que é o día 21, pero é que se nos adiantou un nazareno na elección das datas e… en fin…- con esta nova edición que este ano adicaremos á rebelión e a risa, grazas á participación dxs poetas Carro d’Eguas e Lois Pérez.

Seguindo o formato das dúas primeiras edición, Carro d’Eguas ofreceranos un recital poético dividido en pequenas paradas nos catro locais colaboradores, que nos ofrecerán unha maridaxe de bebida e tapa elaborada para a ocasión arredor da súa propia interpretación gastronómica do concepto de rebelión e risa, e que poderedes degustar se vos apetece.

Rematado o Roteiro, Lois Pérez ofreceranos na Fundación Vicente Risco o seu particular espectáculo poético-musical

Lembrade que tanto o acceso aos locais para escoitar a poeta coma a entrada ao espectáculo final son abertos a todo o público e de balde. O prezo de cada maridaxe é de 2,50 €

Ponme un poemiña! Contacontos en verso para nen@s + chocolatada de balde

Sábado 12 ás 18h00
Fundación Vicente Risco

Ponme un poemiña! é unha nova sección adicada a cativos e cativas -ou non tanto- dentro da programación do III Ponme un poema! – Roteiro poético pola vila de Allariz.

Yolanda Castaño presentará o seu novo libro “Coller as rendas” (Ed. Xerais, xaneiro de 2015) nun formato moi especial: un Contacontos en verso, con chocolatada incluída (Cortesía de Fina Rei – Artesáns reposteiros), onde a poeta recitará ou contará os seus versos interactuando coa rapazada.

O ourizo cacho, a vaca, o porco teixo, o sapo, a cascuda, a carracha… todos estes animaliños, cada un deles, teñen un camiño por trazar. Cal será?

Para nenas e nenos de 3 a 10 anos (orientativo).

Encontro Livreiro

Domingo 13 de marzo ás 16h00

A associação Cultura Que Une, com Fundación Vicente Risco (Allariz), a librería Aira das Letras (Allariz) e livraria Traga-Mundos de Vila Real (Norte de Portugal), convida (convoca) para um Encontro Livreiro Galego-Português, com o objectivo de debatermos estratégias para uma maior presença do livro galego (autores e editores) em Portugal, nomeadamente no Norte de Portugal, e do livro português na Galiza, a realizar-se no dia 13 de Março de 2016, domingo, pelas 16h00 Locais (15:00 Portugal), na Fundación Vicente Risco, em Allariz, Galiza.

2017-03-15T08:50:30+00:00 11 / 03 / 2016|Boletíns|

Deixe o seu comentario