Berro de amor desesperado

Inicio/Actualidade Literaria/Berro de amor desesperado

Berro de amor desesperado

Confesión en forma de carta desesperada, monólogo interior poético e descarnado, do propio escritor á súa muller tras unha separación. O escritor descóbrenos o Dublín das tabernas, das rúas baleiras, da desesperación e da tristura, a través das súas propias pantasmas, o seu desexo de volver á cama da muller e a súa incapacidade de vivir sen alcol. Unha lectura de alto nivel, outra mostra do bo gusto para a literatura sen etiquetas que vén publicando Nórdica nos últimos anos. Todo isto e moito máis é Carta a mi mujer, de Pentti Saarikoski, novela publicada por Nórdica.

Ideal para: lectores avanzados que non se conforman cunha boa historia e queren tamén risco na forma de narrar, nostálxicos de Irlanda, amigos de andar nos bares.

Autores relacionados: James Joyce, Charles Bukowski, John Fante, Anxo Rei Ballesteros.

2017-05-05T00:41:06+00:00 05 / 05 / 2017|Actualidade Literaria|

Deixe o seu comentario