Reportaxe

Inicio/AXENDA/Reportaxe
Reportaxe 2017-03-15T08:48:04+00:00

México efervescente

Viva, de Patrick Deville. Anagrama O universo Deville engancha os afeccionados á historia e á literatura. Con olfacto de historiador pero con pluma de investigador case xornalístico vai pintando un cadro coral do México posrevolucionario ao que arribou Leon Trotski na década do 1930, no que viviu Malcolm Lowry (o autor do clásico contemporáneo Baixo o volcán), onde pintou Frida Kahlo, amou e fotografou Tina Modotti. Deville ten unha gran calidade: emprega as fontes e as referencias sen que se note, vai captando as atmosferas máis que as cronoloxías, fai novidosos incluso os momentos históricos que todos coñecemos; sabe apartar o foco da historia oficial e alumar eses momentos secundarios nos que realmente está a esencia de calquera bo relato. [...]

28 / 12 / 2016|