Aventuras fantásticas de Verne no Mar de Galicia

Inicio/Actualidade Literaria/Aventuras fantásticas de Verne no Mar de Galicia

Aventuras fantásticas de Verne no Mar de Galicia

Ledicia Costas conseguiu os premios Lazarillo e Mellor libro infantoxuvenil na Gala do Libro 2017 con Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, que publica Xerais na súa colección ‘Fóra de xogo’.

Esta novela de aventuras fantásticas sitúase no Vigo de finais do século XIX, cando a cidade empeza a tomar o seu aspecto industrial: amplíanse os antigos vilares de pescadores, a burguesía rica constrúe edificios senlleiros e algúns empresarios apostan por modernizar o país a través da innovación e a tecnoloxía, caso de Antonio Sanxurxo Badía.

É a esta cidade a onde chega Jules Verne, xa un escritor de éxito, a cumprir unha importante misión co seu amigo Sanxurxo. Mais a un tempo descubrirá un segredo que cambiará a súa vida para sempre: As Mulleres Planta.

Ledicia Costas constrúe un universo literario moi apaixonante, con constantes aventuras, nunha homenaxe ás propias novelas de Verne tendo como absoluto protagonista o mar de Vigo, de Galicia.

Gustarache se: Les a Verne ou o liches.

Referencias: Agustín Fernández Paz, Vinte mil leguas de viaxe submariña, Os fillos do mar.

2017-05-25T08:37:30+00:00 25 / 05 / 2017|Actualidade Literaria|

Deixe o seu comentario