Un cómic detectivesco con máis humor ca crimes

Inicio/Actualidade Literaria, Reportaxe/Un cómic detectivesco con máis humor ca crimes

Un cómic detectivesco con máis humor ca crimes

Jack Palmer en Bretaña, de Pétillon. Norma

Divertidísimo cómic que volve tras os pasos deste detective privado nada convencional e un tanto ridículo que xa viu a luz en catro álbumes anteriores. Desta volta, Palmer está en Bretaña como escolta dun rico coleccionista de arte convidado a unha festa a todo luxo na mansión dunha rica nobre, nunha illa algo inaccesible.

A través de situacións extremas, personaxes fantásticos e un sentido do humor moi intelixente, Pétillon vainos describindo non só un país con certos conflitos de identidade (o papel da lingua bretoa, as tradicións, o mito da paisaxe…) senón unha sociedade, a dos ricos, patética e infantilizada, sen abandonar nunca o gusto polo entretemento e pola trama ben aguzada.

Gustarache se: desfrutas coas películas de Robert Altman e Jean Renoir. Se che gusta o trazo de König. Se che vai o cómic clásico de humor con moita carga argumental.

2017-03-15T08:49:22+00:00 28 / 12 / 2016|Actualidade Literaria, Reportaxe|

Deixe o seu comentario