Riveiro Coello volta a Xinzo

Inicio/Actualidade Literaria, Reportaxe/Riveiro Coello volta a Xinzo

Riveiro Coello volta a Xinzo

A ferida do vento, de Antón Riveiro Coello. Galaxia
Antón Riveiro Coello di que lle debía a Carlos Casares unha novela sobre “inocentes”. Non se sabe se tivo algo que ver que no 2017 o Día das Letras se lle dedique ao seu paisano limiao pero o caso é que o escritor volve á súa terra natal de Xinzo nesta novela curta na que pescuda na súa propia memoria e compón un retrato entrañable mais sen nostalxia da capital da Antela nos tempos da súa adolescencia. Os inocentes son eses seres sen malicia que a sociedade tradicional marxinaba daquela maneira, sen os mancar demasiado. A través deles vivimos unha historia de soños. Soños pequenos ou quizais tan grandes como a inmensidade das chairas da Limia.

Riveiro Coello é un escritor que case nunca defrauda. Nestes anos cultivou un estilo moi concreto que creou un grupo de admiradores e seguidores da súa obra, na que destaca un realismo costumista que se ocupa das pequenas historias, dos personaxes que entran na historia case desapercibidos ou logo de procesos de dor. A pesar de ser a súa prosa diáfana, repousa na construción das súas frases un feitío de poesía moi reconfortante na lectura.

2017-03-15T08:49:20+00:00 29 / 12 / 2016|Actualidade Literaria, Reportaxe|

Deixe o seu comentario