A MARCHA

Luis cargou ás costas un envurrullo coas súas escasas peertenzas e, fechando a porta tras de seu, abandonou o que fora desde tempo inmemorial o seu solar familiar.   Botou unha derradeira ollada pola paisaxe de soutos e fragas onde os seus devanceiros fornecéranse para sobrevivirremontándose á orixe da súa caste labrega e, ca tritura incrustada no peito, deixou rodas unha bágoa pola fázula. Toda a súa vida habitara naquel lugar até que no día anterior un irresponsable salvaxe provocara un incendio, privándolle da súa mantenza.

De cando en vez perdíase algún viaxeiro por aquelas paraxes abraiándose das suras condicións de vida, malia que el fose ledo aló.

—De onde creedes que ven o voso papel?— fachendeaba sempre o labrego a menor oportunidade— Qué sería de vos se non vivira eu aquí!

Ao amainar o lume, luis achegouse ó monte co corazón nun puño. Dende a súa casa até o regato queimaba os pés ao pisar as raíces e o substrato que, inadvertidos, seguían a arder.

Espallados aquí e acolá viánse refugallos de animáis abrasados: aves calcinadas e pequenos mamíferos torrados logo de morrer abafados.

Despedíndose para sempre do seu fogar cavilou que na vila non se queixarían.

—Xa darán con máis monte de onde sacar papel —Clamou na soidade da desfeita—.

Cando o coitado chegou á cidade na procura de abeiro, con desespero os seus habitantes confesáronlle ca súa recén abandonada foresta era o derradeiro verxel encol da terra, laiándose de non preservalo. E os homes axeonlláronse tarde nas prazas pregando a perdoanza da súa culpa!

2017-11-16T19:47:56+00:00 16 / 11 / 2017|6º Concurso de Micro-Relato - Adulta|

Deixe o seu comentario