Non se lles permite as embarazadas dubidar nesas noites que posúen a tranquilidade das augas paradas. Son como a superficie lisa dun lago que oculta a putrefacción. Acéndese o lume nas lareiras e como non serve empregar as armas para defenderse, contribúen con rituais a fortalecer a crenza das mulleres nas que prendeu a semente: Verten fermentos no chan, debuxan xeometrías con terra negra, contorsiónanse, machucan insectos, debullan novas oracións na lentitude coa que se cociñan os bolos de pan. Entre esa barreira protectora o mal ulisca excitado os rastros da debilidade. Se non atopa ningunha mácula, emprega a habilidade xelatinosa dos cefalópodos para introducirse nas casas, zugar nos úteros e marchar cos fetos inseridos no seu corpo desosado. O peor sucede cando acha indicios da culpabilidade e deixa que os bebés collan forma no ventre.
Votacións 7º Concurso Microrrelato
Publicacións Recentes
Categorías
Blogs
- Blogs de escritores galegos
- A Canción do Náufrago
- A noite branca
- A Pequena Novela Galega
- Alfaias
- As Crebas
- Blog de Dores Tembrás
- Blog de Mario Regueira
- Blog de Mercedes Queixas
- Blog de Xavier Alcalá
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Fran Alonso
- Caderno de campo
- Espazo Literario
- O Embigo do Becho
- O Levantador de Minas
- O Lugar do Sapo
- O Marmurio das Ondas
- O Ximnasio de Academo
- Cómic
- Crítica literaria en galego
- Infantil e xuvenil
- Información
Deixe o seu comentario