A descoñecida

A descoñecida

 

Papá Antonino, cóntame a historia da descoñecida! insistinlle. Meu avó , fervente devoto do relixioso e escéptico do inexplicable, emitiu un non” seco e de escasa sonoridade. Así e todo, incómodo na súa poltrona, lembrou para min como cincuenta anos atrás, nunha noite serena e estrelada de outubro o imposible saíulles ó camiño ó meu tío Paquiño e mais el.

Unha áxil, esvelta e escura figura feminina deslizábase ante os seus incrédulos ollos a varios centímetros sobre o húmido e fértil chan, sorteando as viñas e sen deixar pegada ningunha. Quen é esa pantasma que aí vai,que nin saúda os veciños?berroulle o meu avó. Aquilo continuou o seu camiño lineal, nun percorrido no que valados e paredes se abrían ante ela para darlle paso e posteriormente esvaecerse.

Varias décadas despois, a lámpada do meu cuarto segue a alumear os meus pesadelos cando a descoñecida emerxe dos meus recordos infantís.

 

2018-12-26T13:37:44+00:00 23 / 12 / 2018|7º Concurso de Microrrelato – Adulta|

5 Comentarios

  1. Joseba 26 Decembro, 2018 en 6:41 p.m.- Responder

    Gustoume! Parabens ao/a autor/a.
    O relató amosa unha sensibilidade e unha destreza especial.

  2. Fernando 4 Xaneiro, 2019 en 8:20 a.m.- Responder

    Fai pensar e encandila a imaxinación. Nun pechar de ollos, viáxase a tempos reais onda quedan moitas infancias ou neneces reflectidas. Parabèns !!!

  3. Adérito 4 Xaneiro, 2019 en 10:36 a.m.- Responder

    Fermoso. Noraboa.

  4. Anxo 4 Xaneiro, 2019 en 2:49 p.m.- Responder

    Moi chulo!

  5. Pablo Gestal Gallego 5 Xaneiro, 2019 en 11:43 p.m.- Responder

    Moi chulo

Deixe o seu comentario